martes, 14 de febrero de 2012

FESTIVAL IRMANDIÑO DE MOECHE

 Pasei a tarde do sábado na casa da miña tía, e aproveitando que estaban os meus primos e que os Irmandiños son parte do temario actual, pedinlles que me contaran algo sobre o ano que foron ao Festival Irmandiño de Moeche.
     
¿Que é este festival? Recréase cada ano, dende 1980, o penúltimo sábado de Agosto, para revivir a revolta Irmandiña ao Castelo de Moeche.

    Os meus primos contáronme que é moi emocionante e entretido ver como os Irmandiños (aínda que hoxe con converse e Blackberrys) ao galope, antorchas na man e ao berro de ¡lume! vencen ao señor feudal e reconquistan para o pobo o castelo medieval de Moeche. Dáse o asalto, en torno as dúas da madrugada; miles de persoas armadas con antorchas, maioritariamente xóvenes de Moeche e de toda a comarca de Ferrol, avanzan correndo polo campo da festa e se quedan as portas da fortaleza, para non danar o interior, que foi restáurao e non pode fallar ao seu calendario case diario de visitas guiadas.
  
    Durante o día pasárono moi ben, todo ambientado cunha música folk e moitas actividades: mostra de traxes e complementos tradicionais galegos, talleres, xogos populares, exhibicións de artes marciais históricas e actuación de grupos gaiteiros. Recordan meus primos a actuación de Leilía e Alalé á noite.

     Un dato curioso é que os herdeiros dos vasallos, quenes a mediados do siglo XV reconquistan o castelo de Moeche foron liderados polo fidalgo Roi Xordo, e polo que se supón o primeiro persoeiro coñecido de Ferrol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario