"Y ahí esta María Pita como inmortal guerrera" Sóabos? A min si, dunha canción; pero nunca souben quen era, nin porque motivo se dicía. E as festas de María Pita? Iso seguro que o coñecedes mellor, na cidade de A Coruña. Eu vouvos contar a historia desta muller.
O 4 de maio do 1589 as tropas inglesas comezan o asalto de Ciudad Vieja, logrando ascender á parte máis alta da muralla e enfrentarse corpo a corpo cos defensores. Disparon ingleses os barren, era o fin! No combate morre o segundo esposo de María Pita, Gragorio Rocamunde.
¡Xa son nosos!-berreou un elférez inglés, cunha bandeira na man, alcanzando o máis alto da muralla, seguido polos seus soldados e cuns pasos máis só lle quedaría descender para entrar na cidade. María Pita, arrodillada e atendendo en vano a un tenelero, incorporouse e clavou os seus ollos naquela figura imponente que farfullaba cousas inintelixibles. María Pita, fora de si, abalanzouse temerariamente contra o sorprendido alférez se darlle tempo a reaccionar e hundiu unha pica no seu ventre. María o despeñou pedras abaixo pero antes aferrouse o asta da súa bandeira e a exhibiu de cara aos seus concidadáns.
- Axudádeme a votalos de aquí! Quen teña honra que me siga!-gritou.
Aquel grito iniciou unha lenda. As mulleres, nese momento, abalanzáronse en masa contra a muralla facendo recular á ofensiva. En medio do griterío feminino, lanzaron unha chubia de pedras, aturdindo ás compañías inglesas que vían como a súa bandeira quedaba en manos inimigas. Tras dúas largas horas de batalla logran a retirada dos ingleses deixando centos de mortos e feridos.
Como dixo unha gran muller: "Somos o que somos polo peso do pasado". Así que, por qué non temos un bó nivel de inglés? Grazas a esta muller,
María Pita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario