martes, 14 de febrero de 2012

LA VOZ DE KEKA. SUCESOS

¡EN EXCLUSIVA!07.07.

Desaparece el Códice Calixtino xoia do século XII da Catedral de Santiago.
               As chaves atopábanse postas na caixa forte onde se gardaba o libro, do século XII, dun valor incalculable e que non estaba asegurado. Os responsables tardan varios días en descubrir o hurto.
              O Códice Calixtino ou Codex Calistinus, un libro do século XII, desaparece da Catedral de Santiago de Compostela, o que pode ser o hurto máis imporante do patrimonio histórico e artístico de España. Confirman fontes policiais que a subtracción do libro foi a semana pasada aínda que se decataron da ausencia o martes pola tarde.
              A xoia gárdase nunha caixa forte, situado nunha ala do claustro, e a que non se pode acceder libremente, e que non se ensina salvo en ocasións moi especiais; tiñan acceso a el dous investigadores do archivo da Catedral e o deán Jose María Díaz
 
Entrevistamos esta mañá a Jose María Díaz:
-        La voz de Keka: Conta a catedral cun seguro de cara a sucesos como este?
-        Jose María Díaz: A peza non estaba asegurada. O conxunto de pergamiños carecen dun seguro propio e, aínda que hai un xeral para a Catedral, non sabemos si cubrirá o hurto.
-        La voz de Keka: Pode vostede darnos algunha información sobre a seguridade que rodeaba o documento?
-        Jose María Díaz: Por recomendación da policía non vou dar detalles sobre a cámara de seguridade, aínda que vos digo que a porta non foi forzada, a cámara onde se gardaba tiña as chaves postas.
-        La voz de Keka: Cando se votou en falta o documento?
-        Jose María Díaz: O martes a última hora, un dos investigadores votou en falta o códice e avisoume. Buscámolo entre catro empregados para asegurarnos de que non estaba nin na caixa forte nin nas estancias adxacentes. Sobre as 22.00h, tras dar o aviso, a policía xa estaba na catedral.
-        La voz de Keka: Polo que vostede conta, poderíamos estar a falar de alguén moi cercano ao Códice, que pensa diso?
-        Jose María Díaz: Se o sei non o digo, se sospeito de alguén non o digo. É pecado facer xuízos temerarios. O que o levou, sabía de que se trataba, do seu valor incalculable e como chegar a él.
-        La Voz de Keka: Grazas Jose María.
 
            As poucas persoas que tiñan acceso á cámara onde se gardaba o Códice xa han sido interrogadas pola policía, sen que se atopasen sospeitas contra ningunha delas. Unha das sospeitas é que, aínda que o acceso á cámara era moi restrinxido, o acceso ás chaves non, polo que hai a posibilidade de que algún intruso se apoderase delas e abrise o cobre blindado con facilidade.
      A realidade supera con frecuencia a ficción; comenta un mando policial que o mellor que pode suceder é que o Códice este en manes de alguén que coñeza o seu valor incalculable porque así sabemos que non o maltratará. A Xefatura Superior da Policía de Galicia dispón todos os efectivos que sexan necesarios para recuperar o texto e se incorporarán especialistas da Brigada Central do Patrimonio Histórico.
 
A primeira guía do Camiño
O Códice Calixtino está composto por cinco libros e dous apéndice, aínda que encadernado nun tomo único en 1964; naceu co obxectivo de propagar a devoción polo aposto Santiago. Era unha especie de guía para os peregrinos que se dirixían a cidade, con consellos, posibles alugamentos, descricións da ruta, das obras de arte así como das costumes das xentes que vivían a lo largo do Camiño. Tamén contén ricas ilustracións e 22 pezas polifónicas que se atopan entre as máis antigas de Europa. Mide 30 por 21 centímetros e consta de 225 folios.
      Atopamos na Praza do Obradoiro ao tátara, tatara…neto do autor este documento, pedímoslle declaración, para ter unha idea del: non saberíamos que había de pasar se se levantase da tumba e vira o panorama co que nos atopamos hoxe!
-        La voz de Keka: Boas tardes, é vostede quen mellor sabe a historia do autor do Códice, ou non? / non é?
-        Pepito Gelmírez: Si, son: todo o que sei contoumo meu avó, e a este seu avó…bueno, xa sabedes. Vin por aquí porque sorprendeume a noticia, ¡como está o mundo!
-        La voz de Keka: Qué nos pode contar?
-        Pepito Gelmírez: O autor do documento roubado foi Don Diego Gelmírez, o personaxe clave de Compostela. Era un home listo, dinámico, intrigante, decidido, hábil. Estivo metido en todos os líos da época, saliu triunfante duns e escarecido doutros, pero deixando sempre a súa importancia alí onde interveu. Diego quedou gravado para sempre no recordo das xentes de Compostela. Diego foi proposto para bispo alá polo ano 1100; pero él era listo, como un Cristiano Ronaldo da época, e nunha calculadora manobra que lle permitiu mais apoio e fama, negouse a aceptar o nomeamento. Entón, os electores tiveron que redobrar o seu entusiasmo e os seus rogos ate conseguir que Diego dixera que sí, e cando iso foi, claramente, con todo o apoio xeral que desexaba.
-        La voz de Keka: E logo a que te referías con que era un personaxe clave para Compostela?
-        Pepito Gelmirez: Durante a época de Diego as obras da Catedral avanzaron a bo ritmo e se comezaron outras moitas como o palacio episcopal, un claustro que nunca chegou a construírse e varias igresas antigas que se restauraron. Tamén levantou unha residencia para canónicos, no sitio onde está hoxe a Casa de Conga. De todos os asuntos nos que Diego estivo metido, o mais traballoso e rico en aventuras foi a búsqueda dun maior ilustre e renome para Compostela.
 
Danse as seguintes conxeturas de especialistas citados polo “El correo Gallego” que creen que pode tratarse dun roubo dunha banda organizada que podería actuar por encargo dalgún coleccionista- Fontes de investigación citadas pola “Cadena Ser” pensan que o exemplar atopase xa fora de España. O delegado do Goberno de Galicia, Miguel Cortizo, explicoulle a prensa que se activaron protocolos europeos para controlar os mercados nos que se pode comerciar con obras deste tipo

No hay comentarios:

Publicar un comentario