Cantos de vos fixechedes o Camiño de Santiago ou tedes alguén cercano que o haxa feito? É moi común en canto a atraer estranxeiros a nos aterra e incluso dende aquí, se realizan miles e miles de excursións. Pero sabedes a verdadeira historia deste camiño? Ben, supoño que os que non estiveron na clase de Manolo dixo: non, así que apetéceme contala, ¡é algo moi curioso e está aquí ó lado!
Para centrarnos, todos sabemos quen é Santiago Aposto, non? Este tío que era un dos doce fieis seguidores de Jesús e que intentou evanxelizar a Península Ibérica…morre en Palestina para calar a as protestas relixiosas e dí que os seus restos foron atopados onde agora é a cidade de Santiago de Compostela.
Retomemos pois, sabedes a verdadeira historia deste camiño? Aquí vos deixo a lenda: aproximadamente no ano 820 descubriuse o sepulcro do aposto Santiago; foi Pelayo o autor do descubrimento, un ermitaño(persoa que vive só) da zona, actual Compostela, quen observou durante varias noites estraños resplandores ou luces misteriosas asemellándose a unha chuvia de estrelas. O Pelayo, impresionado por iso, buscou o bispo e levouno ao lugar para que contemplara o misterio que vira durante esas noites. Levado pola curiosidade o bispo acércase mais e atopa un sepulcro de pedra onde reposaban tres corpos. Según di este bispo, Santiago Aposto e dous discípulos. É a partir deste descubrimento cando a zona se converte no destino final dos peregrinos de toda Europa.
Vedes pois? Un ermitaño flipado, máis un bispo moi fantasioso, máis tres corpos nun sepulcro, máis xente disposta a peregrinar a este lugar Santo con intención de que os seus pecados sexan perdoados, fan hoxe da cidade de Santiago de Compostela, e nesta a catedral onde se atopan os restos do aposto, unha das cidades con maior atractivo turístico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario