domingo, 6 de noviembre de 2011

Un día calquera, na vida dun castro...calquera.

O outro día tivo lugar a asamblea da comunidade de veciños do edificio onde eu vivo. Ata agora non daba atopado nada que me motivara para escribir no meu blog, pero esta reunión fíxome reflexionar: non é que o meu edificio se pareza a un castro, para empezar non ten unha muralla, non é redondeado, gánalle catro pisos en altura e nin tan sequera é de pedra; pero escoitando aos meus veciños falar dos problemas de convivencia que afectan ao noso edificio caín na conta de que aínda que a sociedade na que vivo evolucionou moito e é moi diferente á vida nos castros todavía mantemos algunhas cousas en común.
Os antigos poboadores dos castros soían xuntarse en asamblea para tomar decisións que afectaban a súa comunidade bueno, en realidade, só os homes podían tomar estas decisións. A muller, aínda que tiña un papel bastante relevante na sociedade castrexa xa que as súas funcións eran moi recoñecidas pola comunidade, recibían unha dote ao casarse e mesmo podían herdar os bens da familia, non podía tomar decisións nestas asambleas. Elas, coidaban da casa e da pequena horta, xa que a agricultura non estaba moi desenvolvida. Mentres, os homes, cazaban, pescaban e coidaban os rebaños. 
A día de hoxe a maioría dos meus veciños traballan fora e as súas mulleres coidan dos nenos e da casa. Incluso, teño un par de veciñas maiores que coidan unha pequena horta detrás do edificio.
Os habitantes dos castros comían só unha vez ao día, e eran as mulleres quenes preparaban esa comida; hoxe en día comemos a lo menos catro veces ao día e na maioría dos casos, as catro veces, quenes fan a comida seguimos a ser as mulleres. 
Sen embargo, non todo son similitudes: mentres que nos castros os habitantes tiñan unha convivencia case perfecta compartíndoo todo, xa que apenas existía a propiedade privada, eu lévome mellor cos veciños dos ''castros-edificios'' do lado ou de enfrente que cós meus propios veciños, como os de enriba, que teñen un can que ladra toda a noite...
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario