jueves, 17 de noviembre de 2011

O vinagre, só para ensaladas?

Meu irmán está a facer un experimento na casa: ''ovos saltaríns''. Explícovos: colledes un ovo, e nun vaso cheo de vinagre, o metedes. Deixades pasar dous días e o fin tedes unha pelota saltarina.
Esta anécdota co vinagre como protagonista fíxome reflexionar sobre o seu uso dende tempos ancestrais.
Pensabades que o vinagre se usaba só para aliñar ensañadas?
O vinagre xogou un papel moi importante na expansión do Imperio Romano. Utilazábano para conservar alimentos como por exemplo aceitunas e ostras según recollen Catón (libro ''De Agrícola'') e Apicio (libro ''De Re Coquinaria''). Tamén o utilizaban para facer bebidas refrescantes como a Posca, vinagre mezclado con auga que bebían as lexións romanas ou o oximel que se obtiña mezclando vinagre, auga e mel. Así que, xa vedes, o vinagre axudaba a recuperar as forzas nas súas longas viaxes polas numerosas vías que atravesaban o Imperio Romano.
Según Plinio o Vello, na súa obra ''Historia Natural'', o vinagre tiña propiedades curativas e o recomendaba para facer gárgaras, bañalos pes e aclarala visión.
Pero sen dúbida o uso máis importante do vinagre é o culinario xa que unha terceira parte das recetas da cociña romana contiña este ácedo líquido.
E para rematar, outra anécdota: os cristiáns sempre pensaron que os romanos humillaran a Cristo crucifixado ofrecéndolle unha esponxa empapada en vinagre; nada máis lonxe da realidade. Aquel lexionario só quería calmar a súa sede usando o mellor refresco que podía atopar.

8 comentarios:

  1. Moi boa entrada... Nunca me decatara do asunto da esponxa en vinagre a Cristo.. gostei moito...

    ResponderEliminar
  2. Moi bo keka, non me imaxino a min bebendo vinagre..

    ResponderEliminar
  3. joee que guay keka!!! voy a intentar hacerlo a ver si sale!

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. esta moi ben a tua entrada xa que espoñes para que serve o vinagre na epoca romana,pero os romanos lles debía escocer la boca de carallo.. jajajaj porque beber vinagre a pelo,joder,xa te pica un pouco con a ensalada como dis ti imaxinate como bebida....

    ResponderEliminar
  6. Moi pero que moi interesante!! Non tiña nin idea de nada de isto! É certo que nunca te acostarás sen saber algo máis !jeje

    ResponderEliminar
  7. Bueno, para os interesados no experimento, teño que dicir que o comprobei na casa e si, o ovo era case tan saltarín como unha pelota jajaa É o do vinagre..tes razón Álvaro, non sei como o podian beber, pero...¡ é que non tiñan a nosa coca-cola ! jajajajaja

    ResponderEliminar