viernes, 25 de noviembre de 2011

Non me mires, non me mires, mira agora, mira agora...

Son as 7.30. Comeza un novo día...
- Veña Rebeca, arriba que xa é hora -, bérrame a miña nai ao pasar por diante da miña habitación camiño do cuarto de baño. Levantome adormilada e sempre, sempre a misma escena:
Miña nai, rubia de bote, pero moi blanquiña de pel acaricia con enerxía a súa cara recén lavada, restregando coa esponxiña os polviños amarroados que todas coñecemos!
- Qué pouco dura o bronceado do vran! - queixase sempre. Quen poidera ir ó SOLARIUM como fan as ''señoritas''.
Para ela, polo seu traballo, é fundamental saír da casa ''ben arreglada'', baseandose sobretodo en lucir unha pel perfectamente quemada polo sol.
Esta situación cotidiana fíxome reflexionar: que facían as refinadas patricias romanas para lucir tanta beleza como podemos ver nos bustos e estatuas que se conservan nos museos?
Afanábanse en ter unha pel finiña, branquiña e sen arrugas. Para elo usaban unha mascarilla (tectorium) a base de leite de burra e pasta de arroz ou fariña de faba. Acostábanse con esta mascarilla e a deixaban posta toda a noite. Mmmm...como hoxe!
As cremas e perfumes vendíanse en pequenos vasos de cerámica, cristal ou alabastro. Pintaban os labios cunha especie de carmín feito con liquenes e moluscos e perfilaban os ollos con cinza. Tamén blanqueaban os dentes con vinagre ( vaía, este uso non o incluín na entrada anterior! ).
Usaban espellos feitos con láminas de metal moi pulidas e, algo curioso é que, para perfumarse, como non tiñan pulverizadores, facían que unha escrava enchera a boca con perfume e esta cuspiao sobre a súa señora.
Ou sexa que, aínda que os canones de beleza cambiaron moito nestes últimos dous mil anos e agora non se leva a pel blanquiña, a verdade é que as técnicas que usamos as rapazas e as nosas nais para estar guapísimas , seguen a ser practicamente as mesmas.
Agripina, Mesalina e Popea, aínda que miña nai non o sepa, aprendéronlle a poñerse guapa cada mañá.

1 comentario: