lunes, 23 de abril de 2012

23 de abril...Día do libro.

Sabes que naceu hai hoxe 114 anos? Valentín Paz Andrade.
Un escritor galego nado no siglo XIX, en concreto o 23 de abril do 1898, en Pontevedra.
O ano 2012 dedicarálle o Día das Letras Galegas.
Este home tivo unha gran traxectoria: político galeguista, empresario, poeta e ensaista.
Foi o impulsor, xunto con Manuel Fernández, da primeira gran multinacional galega, Pescanova. Valentín Paz Andrade promoveu periódicos como 'Galicia' ou 'El pueblo gallego', que son dous grandes pilares culturales do  galeguismo da época. Destacou polo seu compromiso co país tanto no ámbito político, empresarial e literario.
A Valentín faltáronlle votos para ser diputado no ano 1931 e colaborou co Estatuto de Autonomía no ano 1936.
Tras a fundación de Pescanova, da que foi presidente, desenrolou un activa labor no progreso de Galicia como  literario, histórico e económico.
Formou parte da 'Real Academia' a partir do ano 1964 e morre, en Vigo, o 19 de maio do 1987.

No hay comentarios:

Publicar un comentario